Coordenadas: 42°25′27″N 8°38′20″O / 42.424083333333, -8.6389722222222
O Parque do Gafos é un parque público situado en Pontevedra. É un parque lineal que rodea o río Gafos, que atravesa o sur da cidade de leste a oeste.
As augas cristalinas do río Gafos eran o lugar elixido para lavar a roupa na cidade desde o século XIX, polo que había ata cinco lavadoiros.[1][2] En 1970 cubriuse o río Gafos no barrio de Campolongo nunha lonxitude de 500 metros, construíuse un túnel para canalizar as súas augas e creouse un gran paseo sobre el en decembro de 1970.[3][4] Co acelerado crecemento da cidade, a degradación do río Gafos e as súas ribeiras durante as últimas décadas do século XX, fixo que a conciencia cidadá espertase para o seu coidado, sendo a asociación máis importante para o seu defensa a asociación Vaipolorío, creada en 2001.[5]
A partir de 2001, adoptouse firmemente a idea de recuperar as ribeiras do río.[6] A Xunta de Galicia puxo en marcha un proxecto de recuperación para a creación dun parque ao longo da súa marxe dereita ao seu paso pola cidade, que concluíu coa creación dun parque lineal inaugurado o 29 de novembro de 2007.[7]
En 2019 retomouse a idea de destapar o leito do río ao seu paso polo barrio de Campolongo, o que permitiría crear un parque lineal de 81.000 metros cadrados ao redor.[8][9] En marzo de 2019, o río Gafos foi declarado espazo protexido, concretamente Espazo Natural de Interese Local (ENIL).[10][11]
O parque ten 6,5 quilómetros de lonxitude e dous quilómetros na súa parte urbana.[12] As beiras do río transformáronse nalgúns lugares en grandes zonas de recreo e descanso.
O parque ten tres zonas ben definidas de sur a norte:[13]
Neste parque lineal hai sotobosque (liques, fentos, musgos, silvas), arbustos e árbores autóctonas (loureiro, amieiro, salgueiro, carballo, freixo, bidueiro, álamo e castiñeiro).[18] En canto á fauna, o parque conta con numerosas aves como papuxas, cirrios, cucos, andoriñas, ferreiriños, bubelas, rulas, xílgaros e estorniños.[19]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque do Gafos |