Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.)
Buraco de entrada a unha rede de sumidoiros

Denomínase rede de sumidoiros ao sistema de estruturas e tubaxes usadas para o transporte de augas servidas (rede de sumidoiros sanitaria), ou augas de chuvia, (rede de sumidoiros pluvial) dende o lugar en que se xeran ata o sitio en que se dispoñen e/ou tratan. Existen, aínda en funcionamento, redes de sumidoiros mixtas, que xuntan as augas negras e grises coas augas de chuvia. Así a todo este tipo de rede de sumidoiros deixou de empregarse e, actualmente, constrúense case exclusivamente redes de sumidoiros separadas para augas servidas e augas pluviais.

Características

[editar | editar a fonte]

As redes de sumidoiros son estruturas hidráulicas que funcionan a presión atmosférica, só moi raramente e por tramos breves, están constituídas por tubaxes que traballan a presión. Noutras palabras son canles de sección circular, ou seccións compostas, soterradas nas vías públicas.

A rede de sumidoiros é considerada un servizo básico, así a todo a cobertura destas redes nas cidades de países en desenvolvemento é ínfima en relación coa cobertura das redes de auga potable. Isto xera importantes problemas sanitarios.

Durante moito tempo, a preocupación dos concellos estaban máis dirixidas a construír redes de auga potable, deixando para un futuro indefinido a construción das redes de sumidoiros.

Actualmente (2010) as redes de rede de sumidoiros son un requisito para aprobar a construción de novas urbanizacións.

Compoñentes dunha rede de rede de sumidoiros sanitaria

[editar | editar a fonte]

Os compoñentes son:

Compoñentes dunha rede de rede de sumidoiros pluvial

[editar | editar a fonte]
Boca de tormenta

Os compoñentes dunha rede de rede de sumidoiros pluvial son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]