Infotaula de personaRobert Graves

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Robert Ranke Graves Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert von Ranke Graves Editar o valor em Wikidata
24 de xullo de 1895 Editar o valor em Wikidata
Wimbledon, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Deià, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDeià Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College School (en) Traducir
Copthorne Preparatory School (en) Traducir
Charterhouse School (en) Traducir
St John's College (en) Traducir
Hillbrow School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Oxford Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , crítico literario , militar , escritor de ciencia ficción , mitógrafo , escritor , profesor universitario , dramaturgo , guionista , novelista , tradutor , crítico de teatro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarcaptain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeNancy Nicholson (pt) Traducir (–1949)
Beryl Pritchard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLucia Graves (pt) Traducir, Catherine Graves (en) Traducir, Samuel Graves (en) Traducir, William Graves (en) Traducir, David Graves (en) Traducir, Tomás Graves (pt) Traducir, Jennifer Graves (en) Traducir, Juan Graves (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlfred Perceval Graves (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Amalie von Ranke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPhilip Graves (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0336345 Allocine: 95155 Allmovie: p309978
Bitraga: 562 Dialnet: 2693718 Musicbrainz: 7d96107b-5f29-49b3-b509-4ec5c0b4f3d6 Discogs: 515781 WikiTree: Graves-3938 Find a Grave: 6931374 Editar o valor em Wikidata
Tumba de Robert Graves.

Robert von Ranke Graves, nado en Wimbledon o 24 de xullo de 1895 e finado en Deià o 7 de decembro de 1985, foi un escritor inglés, fillo do escritor irlandés Alfred Perceval Graves e de Amalie von Ranke Graves, descendente do historiador alemán Leopold von Ranke.[1]

Traxectoria

Estudou en Charterhouse School e no St John's College da Universidade de Oxford, pero cando se declarou a primeira guerra mundial, Robert alistouse case inmediatamente na Royal Welch Fusiliers, como un xeito de evadirse da súa familia e dun ambiente que non lle agradaba. As experiencias na guerra marcárono fondamente, en 1916 publicou o seu primeiro poemario, Over The Brazier, onde amosa todo o horror da guerra. Na batalla do Somme resultou gravemente ferido, con lesións permanentes nos pulmóns, e a pesar dos seus esforzos por volver á fronte, pasou o resto da guerra en Inglaterra. En 1917 Robert Graves xogou un papel destacado en salvar ao seu amigo, o tamén poeta, Siegfried Sassoon, dunha corte marcial despois que deixara a súa unidade sen permiso e escribira ao seu comandante denunciando a guerra.

Trala guerra Robert casa con Nancy Nicholson, filla do pintor William Nicholson, e continúa a estudar na Universidade de Oxford, ao tempo de monta unha pequena tenda, que resulta un fracaso e en 1926 acepta un posto na Universidade de Cairo, marcha alí coa súa muller, os nenos e a poeta Laura Riding, pero acabou deixándoo tras deixar a súa muller e acaba instalándose en Mallorca con Laura Riding ata o estoupido da guerra civil española, alí dirixen unha editorial, Seizen Press e editan o xornal literario, Epilogue. Escriben xuntos dúas obras académicas, A Survey of Modernist Poetry (1927) e A Pamphlet Against Anthologies (1928), que terán ampla influencia na crítica literaria moderna. En 1927 publica, T. E. Lawrence, Lawrence and the Arabs, unha biografía do seu amigo o arqueólogo T. E. Lawrence con éxito comercial, adaptada ao cinema en 1962 como Lawrence de Arabia

En 1929 publicou a autobiografía Goodbye to All That, unha crónica da perda da ilusión da xeración da posguerra que, a pesar de ser un grande éxito de vendas, lle custou a amizade con Siegfried Sassoon, Edmund Blunden e moitos outros dos seus amigos.

Eu, Claudio (1934) é a súa obra máis famosa, nela Graves baseándose en fontes clásicas reconstrúe un complexo e completo relato do emperador romano continuada na súa secuela Claudius the God (1934), Graves conseguiu describir unha sociedade na que se abandonan os vellos valores sen que uns novos os substitúan, que era como el tamén vía o século XX. En 1936 marcha de Mallorca debido á guerra civil española. En 1938 publica outra novela histórica, Count Belisario, baseada no xeneral bizantino Belisarius.

En 1939, trala ruptura con Riding, regresa a Inglaterra, inicia unha relación con Beryl Hodge, entón a dona de Alan Hodge. En 1941 publica The Long Week-End, en colaboración con Alan Hodge, con el tamén publica The Reader Over Your Shoulder (1944), revisado en 1947 como The Use and Abuse of the English Language. En 1946 regresa a Mallorca, establécese en Deià e casa con Beryl en 1950. 1946 tamén é o ano da publicación de King Jesus, unha novela histórica. En 1948 publica a controvertida The White Goddess. En 1955 edita unha versión anotada de The Greek Myths. En 1956 publica un volume de relatos cómicos Catacrok! Mostly Stories, Mostly Funny. Entre 1961 e 1966 foi profesor de poesía en Oxford.

Traduciu a Canción do bardo Amergin dentro da obra The White Goddess. Amergin era un dos líderes dos milesios, o pobo que partiu da terra de Breogán e de Brigantia á conquista de Irlanda. Robert Graves dicía que a educación poética inglesa non deberá comezar polos Contos de Canterbury, nin pola Odisea, nin polo Xénese, senón coa Canción de Amergin.[2]

Obra

Poesía

Narrativa

A maioría son novelas históricas.

Outros

Notas

  1. Foundation, Poetry (2022-02-17). "Robert Graves". Poetry Foundation (en inglés). Consultado o 2022-02-18. 
  2. "Galicia un relato no mundo: discurso da inauguración – Capítulo 0". Consultado o 2022-02-18. 
  3. "Mitos da antiga Grecia". 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas