Santa Irene | |
---|---|
Capela de Santa Irene, que dá nome á aldea | |
Parroquia | Arca |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°54′59″N 8°19′54″O / 42.9165, -8.33175Coordenadas: 42°54′59″N 8°19′54″O / 42.9165, -8.33175 |
Poboación | 8 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Irene é un lugar da parroquia de Arca, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).
Antes do seu traslado ao Pedrouzo, a casa do concello do Pino atopábase no actual Albergue Público de Peregrinos de Santa Irene, que está a 330 m. ao oeste do núcleo principal de casas de Santa Irene, en plena N-547[2].
A ermida de Santa Irene data do século XVIII e ten unha planta rectangular e dous corpos, sendo o absidal de maior altura e traza máis antiga[3]. No interior destaca un elaborado retablo neoclásico de tres rúas[4].
Na contorna atópase o chamado castro da Roda do Castro, ao norte do monte de Astrar e ao sueste do núcleo de Santa Irene, nunha cota media de 400 metros. Está pouco alterado, pero non está escavado[5].
Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa |