Infotaula de personaSergio Pitol
Nome orixinal(es) Sergio Pitol Deméneghi Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1933 Editar o valor em Wikidata
Puebla de Zaragoza, México Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Xalapa, México Editar o valor em Wikidata
Causa da morteictus
acute aphasia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , novelista , político , tradutor , diplomático , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Autónoma de México
Universidade de Bristol (pt) Traducir
Universidad Veracruzana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1038822

Sergio Pitol Deméneghi, nado en Puebla o 18 de marzo de 1933 e finado en Xalapa o 12 de abril de 2018, foi un escritor, tradutor e diplomático mexicano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sergio Pitol naceu o 18 de marzo de 1933 en Puebla, pero desde os catro anos trasladouse ao enxeño veracruzano El Potrero, tras a morte do seu pai. Ao pouco tempo, cando tiña cinco anos, a súa nai morreu afogada no río Atoyac.[1][2] Orfo, creceu nunha casa grande neste pequeno pobo de menos de tres mil habitantes. Así o describiu el mesmo no seu discurso elaborado para o Premio Cervantes.[3]

Pasou a súa infancia rodeado de adultos que expresaban nas súas conversas unha gran nostalxia polo mundo anterior á Revolución, un mundo destruído do que gardaban recordos contraditorios: axiña evocaban as virtudes daquel paraíso perdido como se queixaban polas miserias e calamidades que pasaran naquela época. Foron precisamente esas experiencias as que influíron notablemente na creación dos seus primeiros contos, os de Tiempo cercado e Infierno de todos, que non son máis que «o resultado dun exercicio de limpeza, unha vía de escape dese mundo asfixiado, enfermo, con tufo a lugares escuros, pechados e illados«, como el mesmo afirmou nunha entrevista de 1989.[4]

Durante varios anos estivo enfermo de paludismo, o que o obrigou a recluírse na casa, tempo que aproveitou pahra entregarse á lectura: comezou con Verne, Stevenson, Dickens, e aos doce anos xa terminara Guerra e paz. Ao dezasete anos, xa estaba familiarizado con Marcel Proust, Faulkner, Thomas Mann, Virginia Woolf, Kafka, Neruda, Borges, os poetas do grupo Os Contemporáneos, mexicanos, os da xeración do 27 e os clásicos españois. Todos os veráns adoitaba ir coa súa avoa e o seu irmán a un balneario a tomar augas minerais, aínda que nunca chegou a experimentar unha gran melloría. Foi a súa avoa unha figura importante na súa vida, pois ademais de facerse cargo da súa educación, serviulle de modelo e referente á hora de iniciarse na literatura, xa que pasaba a maior parte do día lendo novelas, sobre todo as de Tolstoi, o seu autor preferido.

Ao dezaseis anos, chegou á Cidade de México para estudar na universidade, e atopou a súa vocación verdadeira, o seu camiño cara á literatura, na Facultade de Dereito da Universidade Nacional Autónoma de México, influíndoo notablemente o seu mestre don Manuel Martínez Pedroso, catedrático de Teoría do Estado e Dereito internacional. Dixo del: «Don Manuel foi unha das persoas máis sabias que coñecín.»

Licenciouse en dereito na Universidade Nacional Autónoma de México, e foi titular desa carreira na súa alma máter, na Universidade Veracruzana de Xalapa e na Universidade de Brístol. Foi membro do Servizo Exterior Mexicano desde 1960, para o que traballou como agregado cultural en París, Varsovia, Budapest, Moscova e Praga. O seu paso por Moscova afianzou nel a súa afección pola literatura rusa en xeral e por Antón Chéjov en particular.[5]

Ademais, residiu en Roma, Pequín e Barcelona por motivos de estudo e traballo. Nesta última cidade, viviu entre 1969 e 1972, e alí traduciu para varias editoriais, entre elas Seix Barral, Tusquets e Anagrama (a cal publica as súas obras en España). Viviu desde 1993 até a súa morte en Xalapa, capital do estado mexicano de Veracruz.

Pitol foi tamén coñecido polas súas traducións ao español de novelas de autores clásicos en lingua inglesa, como Jane Austen, Joseph Conrad, Lewis Carroll e Henry James, entre outros.

Empezou a publicar na madurez (No hay tal lugar, 1967). «Inicieime co conto e durante quince anos seguín escribíndoos. No conto fixen a miña aprendizaxe. Tardei moito en sentirme seguro.» Escribiu unha decena de libros antes de El arte de la fuga (1996), onde fixo un notable balance da súa traxectoria e creou un xénero narrativo-memorialístico moi persoal.[6] A difusión masiva da súa obra foi tardía.

O 23 de xaneiro de 1997, foi elixido membro correspondente da Academia Mexicana da Lingua.[7]

Faleceu o 12 de abril de 2018, aos 85 anos, por complicacións dunha afasia progresiva que o acompañaba desde había varios anos.

Acerca da súa obra

[editar | editar a fonte]

Dentro da súa obra narrativa, pódense destacar dúas etapas:

Primeira época

[editar | editar a fonte]

Iniciada cos seus primeiros contos, os de Tiempo cercado e Infierno de todos, marcada por sensacións nostálxicas e un tanto negativas, definida por el mesmo como un intento de escapar dun mundo asfixiado e enfermo. No período no que escribiu estes contos entregouse á lectura de William Faulkner, posto que nas súas novelas atopou un mundo co que sentía claramente identificado: o dos terratenentes do sur dos Estados Unidos despois da Guerra Civil, xente que vivía en grandes casas, que padecía enfermidades de todo tipo e vivía arruinada, sen lograr adaptarse ao mundo contemporáneo. Un mundo cheo de nenos que naceron despois do desastre: nenos orfos, enfermos, con medo.

Segunda época

[editar | editar a fonte]

A segunda etapa coñécese como a das viaxes, onde o protagonista é unha especie de peregrino laico, un mozo ansioso por descubrir os misterios da natureza humana. Nesta etapa Sergio Pitol céntrase en profundar na psicoloxía dos personaxes, (a maioría mexicanos) expóndose algúns dilemas morais. Un exemplo característico sería o relato Cuerpo presente, co que precisamente se iniciou a segunda etapa. Nela, fai un rexistro dos personaxes e lugares que foi coñecendo, aínda que utilizase o lugar soamente como marco escénico.

Obras publicadas

[editar | editar a fonte]

Obra completa de Sergio Pitol:[8]

Libros de contos
Novela
Ensaio
Memoria

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Sergio Pitol, visionario marcado por los viajes - La Jornada". www.jornada.com.mx. Consultado o 2020-12-09. 
  2. "Los días y las señas". www.reforma.com (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  3. Premios Cervantes, 1976-2005, Universidade de Alcalá
  4. El caldero fáustico: la narrativa de Sergio Pitol, p. 209.
  5. "Letras Libres". Letras Libres (en castelán). Consultado o 2020-12-09. 
  6. Monsiváis, Carlos (2005-10-07). "Sergio Pitol: “La novela es un género que lo acepta todo”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-09. 
  7. "Academia Mexicana de la Lengua - Miembros". web.archive.org. 2010-01-09. Archived from the original on 09 de xaneiro de 2010. Consultado o 2020-12-09. 
  8. Véxase a "Bibliografía de Sergio Pitol" en Benmiloud, Karim, e Raphaël Esteve. El planeta Pitol. Bordeaux: Presses Universitaires de Bordeaux, 2012, pp. 351-354
  9. "Premio Xavier Villaurrutia". www.epdlp.com. Consultado o 2020-12-09. 
  10. "Premio "Miguel de Cervantes"". web.archive.org. 2015-09-08. Archived from the original on 08 de setembro de 2015. Consultado o 2020-12-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]