-
Casa Baumann
-
Cheminea da fábrica Almirall
Terrassa (ca) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.277 (2023) ![]() | ||||
Número de fogares | 308 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 70,2 km² ![]() | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 277 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Jordi Ballart Pastor (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08221–08229 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | (+34) 93 ![]() | ||||
Código INE | 08279 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 082798 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | terrassa.cat ![]() |
Terrasa[1] ou Terrassa[2] (en catalán: Terrassa, pronunciado [təˈrasə]) é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.
Terrasa sitúase aos pés da Cordilleira Prelitoral Catalá (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.
Os vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrasa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse uns restos arqueolóxicos con ferramentas de pedra e fósiles de animais datados entre 700000 e 900000 anos de antigüidade, que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa [Cómpre referencia].
Herdeira da antiga Egara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexas románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa María. Outros vestixios medievais importantes son o castelo cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masía Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello ou a casa museo Alegre de Sagrera.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
20.360 | 39.975 | 58.880 | 138.697 | 155.360 | 171.794 | 206.245 |
A cidade, é herdeira dun rico patrimonio medieval, modernista e industrial, conta cunha extensa rede de bibliotecas (entre as cales a moderna Biblioteca Central de Terrasa, que acolle o legado, entre outras, da histórica Biblioteca Soler i Palet), arquivos e museos.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terrasa ![]() |