Tradicionalmente era unha vila de pescadores. Moitos probaron fortuna nas Américas, sobre todo en Cuba, desde onde saían embarcacións desde o porto. Vilassar de Mar era moi famosa pola súa escola de Naútica. Algúns volveron con grandes fortunas e construíronse casas moi características.
Vilassar de Mar é moi coñecida tamén polo seu Mercado da Flor e a Planta, e as súas plantacións de rosas. Outros lugares de interese son o Museu Monjó, Museu de la Marina, o "Carrer Mort" e o Museo de la Mina Vella. Antes tamén se podía visitar o Parc de les Aus (parque con numerosas especies de aves).