Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Baix Llobregat ![]() | ||||
Capital | Martorell ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.760 (2023) ![]() | ||||
Número de fogares | 118 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12,8 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Llobregat ![]() | ||||
Altitude | 56 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Xavier Fonollosa i Comas (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08760 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08114 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 081141 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | martorell.cat ![]() |
Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nó de comunicacións.
Situado no norte da comarca do Baix Llobregat, onde transcorre o paso de dous ríos, o Llobregat, na parte leste do termo municipal, e o río Anoia, afluente do anterior. O municipio, ten unha extensión de 12,84 km².
Martorell divídese, debido ao curso do río Anoia, en dúas grandes zonas. A zona sur, aglutina os barrios de la Mina, la Vila, Pont del Diable, Rosanes e Portal d'Anoia. Na zona alta, podemos atopar os barrios de El Pla, Torrent de Llops, Bos Aires, Camí Fondo, Can Cases, Can Carreiras, Pou del Merli, e o barrio das Bobilas.
O barrio da Vila ten especial importancia xa que este barrio pertence ao núcleo histórico de Martorell.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
1.825 | 5.054 | 6.860 | 24.213 | 33.456 | 39.220 | 45.190 |
A pesar da pouca extensión do territorio do termo municipal, a industria ten unha grande importancia. A industria máis importante de Martorell é SEAT, no termo atópase a sede, o centro de deseño e a fábrica automobilística. SEAT ten unha grande importancia na contorna da economía na zona, xa que hai un gran número de empresas que indirectamente se estableceron na zona, construíndo elementos varios para os vehículos.
No sector da industria química atópase Solvay, cuxo produto máis destacado é o PVC. Tamén se atopa Cargill Ibérica SLU (antigamente Cerestar Ibérica), unha importante industria alimenticia.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Martorell |