Torres de Mens | |
---|---|
ben de interese cultural | |
![]() | |
Concello | Malpica de Bergantiños |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636Coordenadas: 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (?) |
Estilo actual | ? (Restaurado) |
Estado actual | Vivenda privada |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que á súa vez se situaba sobre un antigo castro.
O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína[1][2].
Atópanse no lugar das Torres de Mens na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.
No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda.
O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres.
Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo.