Zaha Hadid |
Nome orixinal | (ar) زها حديد |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 31 de outubro de 1950 Bagdad, Iraq |
---|
Morte | 31 de marzo de 2016 (65 anos) Miami, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério de Brookwood (pt) |
---|
|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Reino Unido Iraq |
---|
Relixión | Islam |
---|
Educación | Architectural Association School of Architecture (pt) (1972–1977) Universidade Americana de Beirut - matemáticas Berkhamsted School (en) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Arquitectura, jewelry design (en) e pintura |
---|
Lugar de traballo | Bakú Innsbruck Cincinnati East Lansing Copenhague Moscova Nova York Zaragoza Boston New Haven Weil am Rhein Berlín Chicago Roma Londres Hong Kong Milán |
---|
Ocupación | arquitecta , artista , escultora , deseñadora de xoias , deseñadora , profesora universitaria , pintora |
---|
Empregador | Universidade Harvard Universidade de Illinois Chicago (pt) University of Applied Arts Vienna (en) |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Pintura arquitetônica (pt) e arquitetura futurista (pt) |
---|
Movemento | Deconstrutivismo |
---|
Lingua | Árabe e lingua inglesa |
---|
Representante | The Zaha Hadid Foundation (en) |
---|
Participou en |
---|
|
17 de agosto de 2021 | Ring Redux: The Susan Grant Lewin Collection (pt) |
2018 | Objets Ambigus, contemporary jewelry, a passion (en) |
17 de outubro de 2011 | Colouring Light: Brian Clarke - An Artist Apart (en) |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pai | Mohammed Ali Haded (en) |
---|
Irmáns | Foulath Hadid (en) |
---|
|
|
Páxina web | zaha-hadid.com |
---|
|
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1][2] foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut.[3] Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Gran parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.[4]Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
-
Estación de bombeiros en Weil am Rhein,
Alemaña (1991–93)
-
Salto de Ski Bergisel,
Innsbruck,
Austria (1999–2002)
-
Centro de Arte Contemporánea,
Cincinnati, Ohio (1997–2003)
-
Centro Científico Phaeno,
Wolfsburgo, Alemaña (2005)
-
Edificio administrativo da fábrica de
BMW en
Leipzig, Alemaña (2001–2005)
-
Extension do Museo de Ordrupgaard,
Copenhague,
Dinamarca (2001–2005)
-
Estación de tren de Alta Velocidade en Afragola,
Nápoles,
Italia