Bonxe | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Bonxe. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852Coordenadas: 43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852 |
Poboación | 243 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 448 habitantes, deles 314 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón un incremento de 182 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
A parroquia está bañada polo arroio dos Tollos e o punto máis alto sitúase no Cordal de Penelas (566 m). Pola parroquia pasa o regato do Cepelo, que nace e morre en Outeiro de Rei e é símbolo de humildade na poesía de Manuel María. Está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia.
Na parroquia sitúase o centro penitenciario de Bonxe.
A parroquia é coñecida pola súa cerámica, a olería de Bonxe, fabricada de xeito tradicional. Aparece mencionada no poema "Barro" de Manuel María, incluído na obra Terra Cha (1954).
Lugares da parroquia de Bonxe no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Bouzas | Caxigal | Eirexe | O Granxo | As Lombas | Restriz | A Subida | Veiga | Vigo |