Santiago de Gaioso | |
---|---|
As Penas de Rodas | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°07′31″N 7°40′53″O / 43.1251712, -7.6814228Coordenadas: 43°07′31″N 7°40′53″O / 43.1251712, -7.6814228 |
Poboación | 168 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 176 habitantes, deles 94 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
A Penas de Rodas é unha formación xeolóxica que deixou á vista dúas rochas ciclópeas e xemelgas, a escasa distancia unha da outra, sobre un penedo común. Na actualidade na zona mantense unha área recreativa cun palco para a romaría que alí se celebra. Está situada na parte oeste da parroquia.
Lugares da parroquia de Santiago de Gaioso no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Bandelo | Curutela | Eirexa | A Feira | Lama | Longarela | Paradela | A Ponte | As Rozas | Xueus |