Candai | |
---|---|
Igrexa parroquial de Candai | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°05′35″N 7°43′36″O / 43.0931292, -7.7267143Coordenadas: 43°05′35″N 7°43′36″O / 43.0931292, -7.7267143 |
Poboación | 62 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 40 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Situada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas. Alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m.).
Existe un reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai.
A igrexa parroquial de San Vicente de Candai foi reedificada en 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.
Lugares da parroquia de Candai no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Candai de Abaixo | Candai de Arriba | Currás | Lavadoiro | Mangoeiro | As Penas | Piñeiro | Susavila |