Carballedo | |
---|---|
Parroquia | Carballedo |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°31′17″N 7°49′46″O / 42.52130556, -7.82955556Coordenadas: 42°31′17″N 7°49′46″O / 42.52130556, -7.82955556 |
Poboación | 16 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carballedo é un lugar da parroquia de Santa María de Carballedo, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 19 habitantes (8 mulleres e 11 homes).
Deste lugar colle o nome o concello de Carballedo, a capital estivo en Castro e agora está na Barrela.
O topónimo fai referencia a un lugar con moitos carballos, que é unha palabra anterior ao latín[1].
A igrexa parroquial, situada neste lugar, data do século XVIII[2]
Na igrexa hai unha imaxe de San Wintila e celébrase a festa o domingo seguinte ao de Pascua. Hai anos era unha romaría moi sonada na contorna.[3]
Lugares da parroquia de Carballedo no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alence | O Alto de Bustelo | Bustelo de Abaixo | Bustelo de Arriba | Carballedo | Casares | O Castro de Morgade | Ceides | O Curuxeiro | Frameán | Lamas | Morgade | Outeiro | A Pontepedriña | San Pedro | O Veredo | Vila |