Erbedeiro | |
---|---|
Parroquia | Erbedeiro |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°31′49″N 7°42′51″O / 42.53019444, -7.71402778Coordenadas: 42°31′49″N 7°42′51″O / 42.53019444, -7.71402778 |
Poboación | 2 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Erbedeiro é un lugar da parroquia de Erbedeiro, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 1 habitante, home.
O topónimo significa lugar onde abundan os érbedos ou albedros que dan amorodos (latín arbutus/arbitus[1]).
Capela do Espírito Santo de Erbedeiro: a primitiva capela quedou baixo as augas do encoro dos Peares e a finais do século XX levántase este novo edificio.[2]
Erbedeiro é o berce de Xosé Lois Ripalda.
Lugares da parroquia de Erbedeiro no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|