Lobelle de Arriba | |
---|---|
Lobelle de Arriba | |
Parroquia | Lobelle |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°33′12″N 7°49′22″O / 42.553381, -7.822769Coordenadas: 42°33′12″N 7°49′22″O / 42.553381, -7.822769 |
Poboación | 17 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lobelle de Arriba é un lugar da parroquia de Lobelle no concello lucense de Carballedo na Comarca de Chantada. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 17 habitantes (oito homes e nove mulleres). En 2020 16, 8 mulleres e 8 homes.
Lobelle leva o nome do seu pusuidor en xenitivo, quizais en latín Lupellus, diminutivo de Lupulus, derivado de Lupus ("lobo") como antropónimo[1], mentres que o de Arriba vénlle por estar máis alto ca Lobelle de Abaixo. Popularmente moita xente di Novelle, como se tivese que ver con novo.
Algúns dos microtopónimos da zona son[2] O Apastadeiro, A Cerrada, Os Cortiños, A Costa, O Coteiro, A Devesa, Os Freos, As Lamas, O Muíño Vello, O Pacento, A Pena, A Petada, A Pireira, O Portelo do Carro, O Prado da Pepa, O Rigueiro de Navás, O Río, O Salcedo e Vales.
Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba. Polo lado N-NO está situado a 1 km aproximadamente do castro de Quintá do Monte[3]
Lugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres |