Papelle | |
---|---|
Parroquia | A Cova |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°28′47″N 7°42′56″O / 42.47980556, -7.71552778Coordenadas: 42°28′47″N 7°42′56″O / 42.47980556, -7.71552778 |
Poboación | 12 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Papelle é un lugar da parroquia da Cova, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 12 habitantes, 6 mulleres e 6 homes.
As entidades de poboación (Nomenclátor) Cima de Vila, Fondo de Vila, A Vila, O Mallo, San Cristovo, A Carballeira son todas elas casas arredor de Papelle.
O topónimo deriva do antropónimo Pappius, quizais xenitivo de Papilius.[1]. No ano 964 xa aparece nun documento: in Sauto Papelli, circa flumen Minii.
Voulle dar a despedidaa Santa María de Velle,
que podemos ir contentos
co bon viño de Papelle. ![2]
Lugares da parroquia da Cova no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Arxemil | A Carballeira | O Catasol | Cima de Vila | Fondo de Vila | O Mallo | Outeiro | Papelle | Piñarrostro | A Ribeiriña | San Cristovo | A Vila | Vilanfesta | Vilar |