Armando Cotarelo Valledor
Nacemento28 de decembro de 1879
 A Veiga
Falecemento8 de decembro de 1950
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónescritor, político e filólogo
PaiEmilio Cotarelo y Mori
CónxuxeMaría Botana Sieiro
XénerosPoesía, narrativa, teatro
PremiosGran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco
Na rede
Galiciana: 9970 Dialnet: 1725840
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1984.
editar datos en Wikidata ]

Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga (Asturias) o 28 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un dramaturgo e escritor galego. En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria

Era fillo do erudito Emilio Cotarelo Mori. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, doutorándose en 1904 cunha tese sobre a literatura galega medieval. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.

En 1907 deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La leyenda de doña Estefanía la desdichada".

Foi un dos promotores da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926. Creou e dirixiu a revista Ultreya, activa entre 1919 e 1920. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na Real Academia Española en 1929 xunto con Ramón Cabanillas. En 1942 foi elixido membro da Real Academia da Historia.[1] Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminario[2]. En 1925 trasladouse a Madrid como catedrático da Universidade, deixando a presidencia do Seminario. Durante a República, continuou publicando obras de teatro en galego e traballos de historia e de literatura galega e española, como os dedicados ao rei Afonso III ou a edición do Cancioneiro de Paio Gómez Chariño[3].

Durante a guerra civil española o autor apoiou a dereita sublevada[4].

Estudou a literatura galega medieval, sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto. Se ben os seus estudos teñen unha sólida formación e documentación histórica, o seu criterio filolóxico e estudo literario é máis feble[5].

Obra

Teatro

No eido do teatro foi continuador da liña ruralista. Abrangue o drama rural (Trebón, O lubicán) e de ambiente mariñeiro (Beiramar, Mourenza); a comedia sentimental (Sinxebra) e a traxedia histórica (Hostia). Agás Mourenza (estreada en Madrid en 1932) e Hostia, todas as pezas foron estreadas en Santiago de Compostela polo Cadro Dramático da Universidade con dirección do propio autor.

 

Lubicán, de Armando Cotarelo y Valledor, 1924, e Ruinas, de
Rosalía de Castro, ed. de 1928, con prólogo de Armando
Cotarelo Valledor.

Narrativa

Contos de Nadal. Lar. 1927.

Poesía

Ensaio

Notas

  1. Mato, Alfonso. "Armando Cotarelo Valledor" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
  2. Tobío, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124
  3. "Armando Cotarelo y Valledor". Real Academia de la Historia. 
  4. Forneiro, José Luís (2004). "Armando Cotarelo Valledor, editor e estudioso do romanceiro tradicional galego". Revista Galega de Filoloxía: 79 – 106. ISSN 1576-2661. 
  5. Introdución de Henrique Monteagudo en COTARELO VALLEDOR, A.: Cancionero de Payo Gómez Chariño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1984.
  6. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 
  7. Iglesias, Xabier: Hostia en Os libros de Ánxel Casal, 19/11/2012.
  8. Cancioeiro da Agulla enxergado con doas do pobo en Galiciana.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Predecesor:
sen crear
  Presidente do Seminario de Estudos Galegos  
1923-1925
Sucesor:
Salvador Cabeza de León
Predecesor:
Agustín Millares Carlo
 
Real Academia da Historia
Medalla 17
 
1942 - 1950
Sucesor:
Leopoldo Torres Balbás