Cabanas | |
---|---|
Igrexa de San Xián de Cabanas. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′42″N 8°17′52″O / 43.211638888889, -8.2977222222222Coordenadas: 43°12′42″N 8°17′52″O / 43.211638888889, -8.2977222222222 |
Poboación | 139 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xián de Cabanas[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE, en 2022 tiña 139 habitantes (68 homes e 71 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación das cales están efectivamente poboadas 2[2], o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 134 habitantes e ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.
Cabanas é un topónimo latino que fai referencia a un poboado.[3][4]
Lugares da parroquia de Cabanas no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
A Capela | Carballal | O Igrexario | O Patarelo | Quintán | A Regueira | A Ribeira | O Souto | Suasviñas | Torrente |