Vilacova | |
---|---|
Pazo de Vilacova. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′13″N 8°17′32″O / 43.17036341, -8.29210648Coordenadas: 43°10′13″N 8°17′32″O / 43.17036341, -8.29210648 |
Poboación | 116 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Tomé de Vilacova é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 116 habitantes (55 mulleres e 61 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 173 habitantes.
Vilacova é un topónimo latino que reflicte a súa orografía, que é a dunha vila nunha depresión, ou "cova".[2][3]
Lugares da parroquia de Vilacova no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
A Aroxa | A Atá | Bouzoa | Os Carrís | A Chan | O Coto | Fontenla | Freán | O Monte | O Montiño | O Picho | San Paio | O Vieiro | A Xesteira |