Cullergondo | |
---|---|
Pazo da Cerca. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′46″N 8°13′56″O / 43.2127, -8.2321Coordenadas: 43°12′46″N 8°13′56″O / 43.2127, -8.2321 |
Área | 4,61 km² |
Poboación | 130 hab. (2022) |
Densidade | 28,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Cullergondo[1] é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 4,61 km². Segundo o IGE, en 2022 tiña 130 habitantes (62 homes e 68 mulleres)[2] distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 168 habitantes.
Cullergondo é un topónimo que data de entre o século VII e X. Para algúns autores é un antropónimo de orixe xermánica. Para outros, é un que ten cando menos unha parte da súa orixe en termos latinos. Propúxose que sería unha combinación do termo latino "culler" e o "-gondo" prerromano; ou incluso un derivado do termo latino para referirse aos cágados ou cullaropos.[3][4][5][6]
Lugares da parroquia de Cullergondo no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
Centro de Aldea | A Cerca | Cima de Vila | Figueiras | Souto Calvo | Xuanzo |