Cos | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santo Estevo. | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437Coordenadas: 43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437 |
Área | 1,84 km² |
Poboación | 92 hab. (2022) |
Densidade | 50 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo de Cos[1] é unha parroquia do concello de Abegondo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 92 habitantes (50 homes e 42 mulleres)[2], distribuídos en 7 entidades das cales están efectivamente poboadas 1[3]. Isto supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 119 habitantes.
Cos é un topónimo de orixe descoñecida. Aparece recollido en documentación medieval como Codais.[4]
A igrexa de Santo Estevo de Cos é de tipoloxía rural. Planta rectangular, cunha soa nave. Un arco central semicircular separa os espazos da nave e o presbiterio, ambos con bóvedas rebaixadas e cubertas cunha armazón de madeira. Aos pés da nave sitúase un coro alto.
Lugares da parroquia de Cos no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea de Abaixo | O Barral de Abaixo | O Barral de Arriba | O Carballal | O Cruceiro | A Fraga | A Igrexa |