Domingo Sesmero
Nacemento4 de agosto de 1811
Lugar de nacementoMedina del Campo
Falecemento24 de agosto de 1899
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
FillosAlejandro Rodríguez Sesmero
editar datos en Wikidata ]

Domingo Rodríguez Sesmero (nalgunhas ocasións asinaba como Domingo Sesmero)[1], nado en Medina del Campo o 4 de agosto de 1811 e finado na Coruña o 24 de agosto de 1899, foi un arquitecto castelán que traballou en Galicia.

Traxectoria

Pazo da Deputación de Pontevedra.
Primeiro proxecto para a fachada do Teatro Circo Tamberlick de Vigo.[2]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa.

Estudou na escola dependente da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid. Deseñou a casa do concello de Mojados, na súa provincia natal.

En Pontevedra deseñou a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e xunto ao seu fillo Alejandro Sesmero deseñou o Pazo da Deputación de Pontevedra.

En Vigo deseñou o Teatro Rosalía de Castro e o Teatro Circo Tamberlick. Tamén dirixiu a restauración da fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión. Foi arquitecto da diocese de Tui de 1882 a 1886.

Galería de imaxes

Notas

  1. Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. García Filgueira 2011, p. 484.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas