Faysal bin Abdelaziz Al Saud
Nacemento14 de abril de 1905
Lugar de nacementoRiad
Falecemento25 de marzo de 1975
Lugar de falecementoRiad
Causaferida por arma de fogo
SoterradoAl Oud cemetery
NacionalidadeArabia Saudita
RelixiónIslam
Ocupaciónmonarca, político, estadista e militar
PaiAbdul Aziz Al-Saud
NaiTarfah bint Abdullah Al Sheikh
CónxuxeIffat Al-Thunayan
FillosMohammed bin Faisal Al Saud, Lolowah bint Faisal Al Saud, Turki bin Faisal Al Saud, Abdullah bin Faisal Al Saud, Khalid Al-Faisal, Saud bin Faisal bin Abdulaziz Al Saud, Haifa bint Faisal, Sara bint Faisal Al Saud e Saad bin Faisal Al Saud
IrmánsFahd bin Abdul Al-Aziz, Khalid bin Abdul Aziz, Saud bin Abdul Al-Aziz, Salmán I, Abdullah bin Abdulaziz Al Saud, Al Jawhara bint Abdulaziz Al Saud e Mamdoh bin Abdulaziz
PremiosCadea Real Victoriana, Order of King Abdulaziz al Saud, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Ordem da Estrela do Jordão e Financial Times Person of the Year
Na rede
IMDB: nm6472044 WikiTree: آل_سعود-7 Find a Grave: 14817822 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Faysal bin Abdelaziz Al Saud.

Faysal bin Abdelaziz Al Saud (en árabe فيصل بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamado Faisal ibn Abd al-Aziz, nado en Riad probábelmente en 1906 e finado o 25 de marzo de 1975, foi o cuarto fillo de Ibn Saud e o terceiro rei de Arabia Saudita.

Traxectoria

En 1925, comandando un exército de leais sauditas, obtivo unha decisiva vitoria sobre Hejaz. Como recompensa, foi feito gobernador de Hejaz ao ano seguinte. En 1932 aceptou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.

Despois de que as Nacións Unidas dividisen Palestina, Faysal pediu ao seu pai que rompese as súas relacións cos Estados Unidos, pero foi ignorado. A saúde de Saud empeorou, e Faysal tomou o posto de rexente o 4 de marzo de 1964. O 2 de novembro dese ano converteuse en rei despois de que o seu irmán fose deposto.

Faysal introduciu algunhas reformas, como a televisión e a escolarización feminina, ás que se opuxeron moitos sauditas, incluíndo os membros da familia real, pois ambas foron consideradas contrarias ao islam. En 1967, tras a vitoria israelí na Guerras dos Seis Días, sentiuse derrotado e nunca volveu sorrir.[Cómpre referencia]

En 1973, comezou un programa para incrementar o poder militar de Arabia Saudita. O 17 de outubro, retirou o pretróleo saudita dos mercados mundiais, cuadruplicando o seu prezo. Esta acción foi a principal culpábel da Crise Enerxética de 1973. En 1974 foi nomeado Home do Ano pola revista Time.

Asasinato

O 25 de marzo de 1975 foi asasinado a tiros polo seu sobriño Faysal bin Musaed por razóns aínda descoñecidas. Especulouse con que quería vingar o seu irmán máis vello Khalid, que morreu nun encontro contra as forzas de seguridade en 1966. Aínda que se falou de varias teorías sobre conspiracións, unha investigación descubriu que o príncipe Faysal bin Musaed supostamente actuou só.

O príncipe Musaed estaba xunto a unha delegación kuwaití que agardaba para reunirse co rei. O rei Faysal encamiñábase cara a eles cando Musaed sacou unha pistola e disparou sobre el.

Musaed foi capturado inmediatamente e inicialmente declarado demente. Máis tarde foi acusado de rexicidio e, en xuño de 1975, foi decapitado na praza pública de Riyadh.

Faysal foi sucedido polo seu irmán Khalid bin Abdul Aziz.

En 1979, a cidade de Lyallpur, en Paquistán, foi renomeada como Faysalabad no seu honor. A Mesquita Faysal en Islamabad tamén recibiu o seu nome. A maior estrada de Karachi foi renomeada Shahrah-e-Faisal e unha zona residencial próxima ao Aeroporto de Karachi foi renomeada como Colonia do Shah Faysal.

Precedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Reis de Arabia Saudita
e
Líderes da Casa de Saud
Sucedido por:

Khalid bin Abdul Aziz

Véxase tamén

Outros artigos