Chiang Kai-shek
Nome completo蔣瑞元
Nacemento31 de outubro de 1887
Lugar de nacementoXikou
Falecemento5 de abril de 1975
Lugar de falecementoTaipei
Causacancro de fígado
SoterradoCihu Mausoleum
NacionalidadeRepública da China, Taiwán e Dinastía Qing
EtniaPovo chinês
RelixiónBudismo e Metodismo
Alma máterBaoding Military Academy
Ocupaciónpolítico e militar
PaiChiang Chao-tsung
NaiWang Caiyu
CónxuxeMao Fumei, Yao Yecheng, Chen Jieru e Soong May-ling
FillosChiang Ching-kuo e Chiang Wei-kuo
IrmánsChiang Kai-ching, Chiang Jui-lien e Jiang Ruiqing
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of the Bath, Ordem do Leão Branco, Lexionario da Lexión do Mérito, Persoa de Ano da revista Time, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Ordem do Serafim, Order of the Rajamitrabhorn, Ordem de Leopoldo, Philippine Legion of Honor, Order of Propitious Clouds e Silver Cross of the Virtuti Militari
Na rede
WikiTree: Chiang-23 Find a Grave: 22234 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Chiang Kai-shek, nado en Fenghua o 31 de outubro de 1887 e finado en Taipei o 5 de abril de 1975, foi un militar e político chinés, líder do Kuomintang, xeneral en xefe das forzas chinesas vencido por Mao Zedong na revolución. Na República Popular da China é coñecido como 蔣介石 (pinyin: Jiǎng Jièshí) e en Taiwán como 蔣中正 (pinyin: Jiǎng Zhōngzhèng),

Traxectoria

Sucedeu a Sun Yat-sen como líder do Partido Nacionalista Chinés Kuomintang, e foi o líder máximo, baixo diversos cargos, da República da China establecida en Nankín en 1927. Tras a derrota dos nacionalistas fronte aos comunistas en 1949, refuxiouse co seu goberno na illa de Taiwán.

Chiang Kai-shek gobernou Taiwán de forma autoritaria desde 1949 até a súa morte en 1975, cando foi sucedido polo seu fillo Chiang Ching-kuo. Durante a súa etapa en Taiwán nunca se resignou a que o exilio fora definitivo. Mantivo a esperanza de que o comunismo acabaría caendo, e que a República da China, baixo o seu liderado, reconquistaría a China continental.

Chiang utilizou varios nomes ao longo da súa vida. Durante a súa etapa en Cantón á fronte da Academia Militar de Whampoa, utilizaba o nome que a transcrición pinyin é Jiǎng Jièshí (chinés tradicional: 蔣介石, chinés simplificado: 蒋介石, Wade-Giles: Chiang Chieh-shih). A forma habitual en Occidente "Chiang Kai-shek" corresponde á transcrición que se fixo naquela época deste nome segundo a pronunciación do dialecto cantonés falado en Cantón. Chiang Kai-shek e Sun Yat-sen son as únicas personalidades históricas chinesas cuns nomes que se transcriben habitualmente en Occidente en forma cantonesa, e non en mandarín.

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.