Silverio Rivas Alonso , nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942 , é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos (Tui ).[ 1]
Comezou a traballar no taller de ebanistería do pai aos doce anos.[ 2] Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino Buhigas , Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez ;[ 2] no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira ; en Madrid , onde ingresou na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes , e en Sargadelos , o que o levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica .[ 3] Traballou en París . Formou parte do movemento Atlántica desde 1980 .[ 4]
Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e cun traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un construtivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e o espazo intrínseco e cambiable. Traballa con materiais diversos: granito , bronce , ferro , aceiro , chumbo , mármore , madeira , barro , fibra de poliéster, gres...[ 5] [ 6]
Capela Solis .Rivas, presente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo ,[ 2] a Colección Afundación [ 7] e no Museo de Belas Artes da Coruña ,[ 8] [ 9] ten obra en espazos públicos en varias vilas de Galicia:
Homenaxe a de Chirico , na Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC .[ 2]
Proa ao mar (1982), no CEIP de Olveira de Ribeira .[ 10]
Carballo xunto (1984).
Proa anciño (1991).
Porta do Atlántico (1992), na praza de América das Travesas, na cidade de Vigo .
Ara solis (1994), ao carón da Torre de Hércules da Coruña.
Capela solis (1997), no Porto de Marín .
Dolmen Novo Milenio (1999), no Parque da Música de Santiago de Compostela .
Ás vítimas da represión (2000), na Alameda de Tui .
Horizonte para o sol (2002), no campus das Lagoas -Marcosende da Universidade de Vigo .
Oliveira do novo milenio (2010), na Praza do Bicentenario de Vigo.[ 11] En 2012 participou, coa peza Barca solar , na exposición Gallaecia Petrea , na Cidade da Cultura de Galicia .
En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación[ 12] e en 2015 o Premio Laxeiro .[ 13]
Porta do Atlántico .
Ás vítimas da represión .
Horizonte para o sol .
Ara Solis .
↑ "Rivas Alonso, Silverio" en Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011), t. 3, p. 172, Ir Indo .
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Seoane Rivas, Xavier : "Rivas Alonso, Silverio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada .
↑ Díaz Pardo, Isaac : Cerámicas articuladas de Silverio Rivas , Do Castro , 1977 , ISBN 84-85134-30-3 .
↑ "Rivas Alonso, Silverio" en Diccionario enciclopédico galego universal , t. 53, p. 47.
↑ Silveriorivas.com
↑ "Rivas Alonso, Silverio" en Diciopedia do século 21 , t.3, p. 1818, 2006.[1]
↑ Rivas na Colección Afundación e na Colección Abanca Arquivado 04 de xullo de 2015 en Wayback Machine .
↑ Colecciones en Red (CERES), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
↑ "Silverio Rivas no Museo de Belas Artes da Coruña" . Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2015 .
↑ "La obra «Proa ao mar» volverá a brillar" La Voz de Galicia , 22/3/2014 (en castelán ) .
↑ "A oliveira do novo milenio" Faro de Vigo , 28/10/2010.
↑ "Premios da Crítica Galicia" . Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2015 .
↑ "Silverio Rivas recibe el Premio Laxeiro 2015" La Voz de Galicia , 20/2/2015 (en castelán ) .
Pintores e Escultores Galegos na EXPO '92 . Xunta de Galicia .
"Rivas Alonso, Silverio" en Enciclopedia Galega Universal .
Galicia , Arte , Tomo XVI: Arte Contemporánea (I), Hércules de Ediciones .
Bernardi López Vázquez, José Manuel (1988). "El arte contemporáneo". Enciclopedia temática de Galicia (en castelán ) . Tomo V. Arte. Nauta. pp. 173 e 179–181. ISBN 84-278-1210-8 .
Cegarra Martínez, Basilio (1999). "Guía e rutas da arte". I Guía e rutas da arte, épocas e estilos . Editorial Galaxia . pp. 126–128. ISBN 84-8288-324-0 .
Cegarra Martínez, Basilio (1995). Atlas Arte. Galicia . Nigra. p. 81. ISBN 84-87709-43-5 .
Gamoneda, Antonio (1981). Silverio Rivas. Viaje al interior de la escultura (en castelán ) . Atlántico. ISBN 84-85858-04-2 .
López Bernárdez, Xosé Carlos (2005). Breve historia da arte galega . Edicións Nigra Trea . ISBN 978-8495364333 .
Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán ) . Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 390–391. ISBN 84-7231-603-3 .
Seoane Rivas, Xavier (2002). Silverio Rivas . Deputación de Pontevedra . ISBN 84-8457-095-9 .
Sarmiento, Rosario (comisaria e textos); Lobato, Xurxo (fotografías) (2016). Contravento e marea. Itinerarios converxentes . Centro Municipal Valente, Concello de Ourense / Museo Interactivo de Historia de Lugo, Concello de Lugo.