Lisardo Barreiro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de xaneiro de 1862 |
Lugar de nacemento | Noia |
Falecemento | 14 de maio de 1943 |
Lugar de falecemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor, farmacéutico e médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lisardo Rodríguez Barreiro, máis coñecido como Lisardo Barreiro, nado en Noia o 7 de xaneiro de 1862 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1943, foi un xornalista e escritor galego.
Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde dirixiu El Correo Gallego, e foi redactor de La Voz de Galicia, El Clamor del País, El Clamor de Galicia, La Cítara. Trasladouse a Madrid onde proseguiu o seu labor xornalístico, e en 1885 volveu a Galicia como inspector sanitario. Pouco despois estableceuse como farmacéutico en Vilagarcía de Arousa. Dirixiu El Rivereño de Ribeira (1892) e Mi Tierra de Vilagarcía (1897).
É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890, Biblioteca Gallega), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923) e dunha autobiografía titulada Evocaciones. Escribiu tamén traballos de carácter científico, entre os que sobresaen El virrey de los metales, La esencia de trementina, El mildew e Riquezas olvidadas. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939[1].
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisardo Barreiro ![]() |