Infotaula de personaChus Pato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , escritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeManuel Igrexas
Anselmo López Carreira
FillosSabela López Pato
 () Anselmo López Carreira
Catuxa López Pato
 () Anselmo López Carreira Editar o valor em Wikidata
IrmánsClaudio Pato Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: 100054941414424 Twitter: chuspatodiaz Instagram: chus_pato_ Dialnet: 1169885 Editar o valor em Wikidata

María Xesús Pato Díaz, coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955,[1] é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

Traxectoria

A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín) e a materna de Trasmiras (comarca da Limia). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. Desde 1973 estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.

Exerceu como profesora de ensino secundario de Xeografía e Historia desde 1989, en Bande, Muros (1991-1995) e desde entón en Lalín, no IES Ramón María Aller e despois no IES Laxeiro, onde se xubilou en 2020.

En 1973 foi unha das fundadoras de ERGA, e até finais da década de 1970 militou na Unión do Povo Galego. Foi cabeza de lista da Frente Popular Galega pola provincia de Ourense en varias ocasións.

Pertence a varias agrupacións de índole literaria, como o PEN Clube ou as Redes Escarlata, e foi membro da AELG. Desde a súa constitución en 2015, é vogal do padroado da Fundación Euseino?, pertence á directiva dos padroados da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Uxío Novoneyra. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016.[2] Leu o seu discurso de ingreso na RAG o 23 de setembro de 2017 no IES Otero Pedrayo de Ourense, co título de Baixo o límite, con resposta de Francisco Fernández Rei.[1]

En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room da Universidade Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop e W. H. Auden.[3][4][5]

Obra literaria

Os primeiros poemas publicados de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984)[6] e, dende entón, á parte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da Palabra Silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das Letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do padroado Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.

Chus Pato no Festival de poesía de Antuerpen en 2012.

Características da súa obra

A súa poesía está considerada como unha das máis modernas e persoais da literatura actual. Caracterízase por fuxir de coordenadas xeracionais e lazos compartidos con outros escritores galegos. A súa obra consolidou desde a década dos oitenta unha linguaxe propia, referencias temáticas e estilísticas inconfundibles e un compromiso político da palabra que vai máis alá da obviedade dos versos. Poesía complexa, nutrida de moitas imaxes, escenarios e pegadas intelectuais e un modelo literario afastado de convencionalismos e implicado na busca constante de novos camiños para a expresión artística.[7] A transgresión na súa poesía[8] supera a convención formal. A súa poética, marcada por un posicionamento crítico co seu tempo, expandiu o horizonte da poesía galega e colocouna na vangarda do pensamento contemporáneo. O seu discurso do múltiple articúlase na multiplicidade de voces e formas. Cuestiona a linguaxe, a percepción, as ficcións históricas e todo o que constitúe esexese, mentres traballa entre o inexistente e o vindeiro. Construíu un ambicioso proxecto poético no que se manifesta un profundo pensamento e reflexión sobre as identidades (individual, de xénero, nacional, histórica) e a escritura.[9]

Poemarios publicados

Antoloxías da súa obra

Traducións ao inglés

Traducións ao castelán

Traducións ao catalán

Traducións ao portugués

Traducións ao búlgaro

Traducións ao holandés

Traducións ao francés

De esquerda a dereita: Anxo González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, a carón do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela en 2018.

Antoloxías (selección)

En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...

Musicacións

Poemas seus foron musicados por artistas como Nación Reixa ("Historias posibles/imposibles", no disco Safari Mental), Ataque Escampe ("Mira", no disco Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos), Uxía Senlle, aparecendo este último tema na curtametraxe O Prezo da dote, do leonés Chus Domínguez, curtametraxe preseleccionada para os Óscar de 2005, e Fera y las disidentes.

Obras colectivas

Ensaio

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. ISBN 9788494600586
  2. "O Pleno da RAG elixe a Chus Pato académica de número". Real Academia Galega. Consultado o 5/11/2016. 
  3. ultramarinos. "Chus Pato". Ultramarinos Editorial (en castelán). Consultado o 2019-05-31. 
  4. "Chus Pato". Jogos Florais. Consultado o 6/3/2019. 
  5. "Chus Pato leva coa súa voz poética o galego á Poetry Room de Harvard". Real Academia Galega. 19/10/2015. 
  6. "Chus Pato en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  7. "Chus Pato, favorita para ocupar na Academia a vaga de Fernández Ferreiro". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  8. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  9. Reyes, Miriam (2015). Punto de ebullición. Madrid: FCE. p. 19. ISBN 978-84-375-0726-2. 
  10. "Chus Pato". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  11. "Fascinio". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  12. "A ponte das poldras". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  13. "NINIVE. CHUS PATO". casadellibro. Consultado o 2019-05-31. 
  14. Rábade Villar, María do Cebreiro. "Chus Pato: m-Talá, Vigo, Xerais, 2000.". revistes.ub.edu. Consultado o 31/05/2019. 
  15. "Obra completa. Vol. extra / m-Talá". euseino.org. Consultado o 2020-11-29. 
  16. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  17. "Ficha de libro.Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  18. "Secesión". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  19. "Carne de Leviatán". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  20. "Un libre favor". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-31. 
  21. Vázquez Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "O silabario do verbo". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 90–91. ISSN 0017-4181. 
  22. "Sonora". Xerais. Consultado o 2023-10-19. 
  23. Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Orixe e fin". Grial LXII (241): 97. ISSN 0017-4181. 
  24. "Nacer é unha república de árbores". www.cumio.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  25. "Nacer é unha república de árbores". Mario Regueira. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-05-31. 
  26. Chus Pato Um fémur de voz corre a galope
  27. Hordas de escritura seguido de Secesión
  28. Ficha na editorial
  29. dafnebenjumea (2018-04-04). "Chus Pato: la búsqueda de identidad más allá del mito". Oculta Lit (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-31. 
  30. Poesía reunida. Volumen III (2000)
  31. Poesía reunida. Volumen VII (Sonora)
  32. Chus Pato Um fémur de voz corre a galope
  33. Ficha do libro en Euseino? Editores
  34. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-31. 
  35. RAG: Chus Pato, Premio Clara Campoamor

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas