![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1864 ![]() Noia, España ![]() |
Morte | 19 de xaneiro de 1918 ![]() Noia, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote , escritor , autor ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Eladio Oviedo Arce, nado en Noia o 20 de marzo de 1864 e finado na mesma vila o 19 de xaneiro de 1918, foi un sacerdote e escritor galego.
Fixo a carreira sacerdotal, doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Filosofía e Letras. Foi socio fundador da Real Academia Galega, profesor de Historia Eclesiástica e de Arqueoloxía Sagrada no seminario de Santiago de Compostela e ingresou no corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos do Estado e foi xefe do Arquivo Rexional de Galicia. Foi un dos partícipes da Exposición Rexional de 1909.
Como historiador foi discípulo de Antonio López Ferreiro, ao que substituíu dende 1889 nas súas clases no seminario. Escribiu monografías sobre a época medieval en Galicia, editou fragmentos en galego das Partidas de Afonso X o Sabio e colaborou na revista Galicia Histórica. Consideraba que a historia debía de achegar e lexitimar unha ideoloxía de corte tradicional e católica. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega e El Eco Popular.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eladio Oviedo Arce ![]() |