Axente libre | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de agosto de 1992 (31 anos) Lubumbashi, República Democrática do Congo |
Nacionalidade | R.D. do Congo |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
CB Illescas (2009–2011) Baloncesto Fuenlabrada (2011) Charlotte Bobcats / Hornets (2011–2015) Toronto Raptors (2015–2016) Orlando Magic (2016–2018) Charlotte Hornets (2018–2021) Phoenix Suns (2022–2023) Memphis Grizzlies (2023–2024) |
Bismack Biyombo Sumba, nado o 28 de agosto de 1992 en Lubumbashi, República Democrática do Congo, é un xogador congolés de baloncesto profesional.
Biyombo fixo o seu debut profesional na Liga ACB co Fuenlabrada contra o DKV Joventut o 9 de xaneiro de 2011, con 5 puntos e 7 rebotes en só 13 minutos de xogo.[1]
O 23 de xuño de 2011, Biyombo foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings, pero os seus dereitos foron traspasados pouco despois aos Charlotte Bobcats. O 19 de decembro de 2011, asinou o seu contrato de rookie cos Bobcats.[2]