Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 4 de febreiro de 1989 (35 anos) Trenton, Nova Jersey |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pennsbury (Fairless Hills, Pennsylvania) |
Universidade | Temple (2007–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 50 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Strasbourg IG (2011) Philadelphia 76ers (2011–2014) Indiana Pacers (2014–2017) Northern Arizona Suns (2018) Capital City Go-Go (2018–2019) |
Lavoy Allen, nado o 4 de febreiro de 1989 en Trenton, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.
O 23 de xuño de 2011, Allen foi elixido na 50ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Philadelphia 76ers. En xullo de 2011, asinou un contrato co Strasbourg IG francés, cunha cláusula que lle permitía irse cando rematara o lockout. Co lockout rematado, Allen asinou o seu contrato cos Sixers o 9 de decembro de 2011.[1]
O 20 de febreiro de 2014, Allen e Evan Turner foron traspasados ós Indiana Pacers a cambio de Danny Granger e unha elección de segunda rolda do Draft.[2]