London Lions – No. 34 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1988 (36 anos) Chicago, Illinois |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Escolta |
Liga | BBL |
Información da carreira | |
Instituto | Findlay Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | Kentucky (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 53 Por Orlando Magic |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Orlando Magic (2011–2012) Oklahoma City Thunder (2012–2013) → Tulsa 66ers (2012–2013) Sioux Falls Skyforce (2013–2014) Miami Heat (2014) → Sioux Falls Skyforce (2014) Krasny Oktyabr (2014–2015) Eisbären Bremerhaven (2015) Sioux Falls Skyforce (2015–2016) Cleveland Cavaliers (2016–2017) Dallas Mavericks (2017) Milwaukee Bucks (2017–2018) New Orleans Pelicans (2018) Sioux Falls Skyforce (2018–2019) Kolossos Rodou (2019) Fuenlabrada (2019) London Lions (2020–presente) |
DeAndre Desmond Liggins, nado o 31 de marzo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos London Lions da British Basketball League.
Liggins xogou tres anos para a Universidade de Kentucky. Pasou os seus dous primeiros anos saíndo case sempre dende o banco, pero no seu ano coma júnior, o adestrador John Calipari decidiu poñelo de titular. O remate da tempada, Liggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2011.
O 23 de xuño de 2011, Liggins foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Orlando Magic.[1] Fixo o seu debut na NBA para Orlando nun partido fóra da casa contra os Milwaukee Bucks, onde conseguiu 3 puntos en 10 minutos de xogo.[2]
O 12 de setembro de 2012, asinou cos Oklahoma City Thunder.[3] Durante a tempada 2012-13, foi asignado en varias ocasións ós Tulsa 66ers, afiliado dos Thunder na NBA Development League.[4] O 6 de setembro de 2013, foi cortado polos Thunder.[5]
O 25 de febreiro de 2014, Liggins asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[6]
O 5 de agosto de 2019, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.[7] O 29 de outubro de 2019, Liggins e o Fuenlabrada acordaron a rescisión do seu contrato.[8]