Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1990 (34 anos) Lexington, Kentucky |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 92 kg (203 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Bryan Station (Lexington, Kentucky) |
Universidade | Butler (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 2 / Elección: 34 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2011–2012) Maine Red Claws (2012) Washington Wizards (2012–2013) Maine Red Claws (2013) Philadelphia 76ers (2013) Maine Red Claws (2013) Atlanta Hawks (2013–2016) Utah Jazz (2016–2017) Orlando Magic (2017–2018) Memphis Grizzlies (2018–2019) Charlotte Hornets (2019) Olimpia Milano (2019–2020) Hapoel Jerusalem (2020) Panathinaikos (2020–2021) |
Shelvin Bernard Mack, Jr., nado o 22 de abril de 1990 en Lexington, Kentucky, é un xogador americano de baloncesto profesional.
O 23 de xuño de 2011, Mack foi elixido na 34ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Washington Wizards. O 28 de outubro de 2012, os Wizards cortaron a Mack.[1] Asinou de novo cos Wizards o 25 de decembro de 2012,[2] pero foi cortado o 7 de xaneiro de 2013.[3]
O 17 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Philadelphia 76ers.[4] Asinou un segundo contrato de dez días o 28 de xaneiro de 2013.[5]
O 6 de marzo de 2013, asinou un contrato de dez días cos Atlanta Hawks.[6] Asinou un segundo contrato de dez días o 16 de marzo de 2013.[7] O 26 de marzo de 2013, asinou cos Hawks un contrato por dúas tempadas.[8]
O 18 de febreiro de 2016, Mack foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre os Hawks, os Jazz e os Chicago Bulls.[9]
O 9 de xullo de 2017, Mack asinou cos Orlando Magic.[10] O 25 de xuño de 2018, foi cortado polos Magic.[11]
O 7 de agosto de 2018, Mack asinou cos Memphis Grizzlies.[12]
O 7 de febreiro de 2019, Mack foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Tyler Dorsey.[13] Foi cortado polos Hawks o día seguinte.[14]
O 10 de febreiro de 2019, Mack asinou cos Charlotte Hornets.[15]
O 25 de xullo de 2019, Mack asinou un contrato de dous anos co Olimpia Milano.[16]