Golden State Warriors – No. 1 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de agosto de 1991 (32 anos) Toronto, Ontario |
Nacionalidade | Canadá |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pickering (Ajax, Ontario) Findlay Prep (Henderson, Nevada) |
Universidade | Texas (2010–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 29 Por San Antonio Spurs |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
San Antonio Spurs (2011–2015) → Austin Toros (2012–2013) Toronto Raptors (2015–2017) Indiana Pacers (2017–2019) Sacramento Kings (2019–2021) Detroit Pistons (2021–2023) Golden State Warriors (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2014) |
Cory Ephram Joseph, nado o 20 de setembro de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).
Joseph foi elixido na 29ª posición do Draft da NBA de 2011 polos San Antonio Spurs.[1] O 15 de xuño de 2014, Joseph conseguiu o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs derrotaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.
O 9 de xullo de 2015, Joseph asinou un contrato de catro anos e 30 millóns de dólares co equipo da súa cidade natal, os Toronto Raptors.[2]
O 14 de xullo de 2017, Joseph foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dos dereitos do Draft de Emir Preldžić.[3] Fixo o seu debut cos Pacers o 18 de outubro de 2017, facendo 11 puntos na vitoria por 140-131 sobre os Brooklyn Nets.[4]
O 6 de xullo de 2019, Joseph asinou cos Sacramento Kings.[5]
O 26 de marzo de 2021, Joseph foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Detroit Pistons, a cambio de Delon Wright.[6]