FC Bayern München – No. 25 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1989 (35 anos) Indianápolis, Indiana |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 100 kg (221 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Liga | Basketball Bundesliga |
Información da carreira | |
Instituto | Franklin Central (Indianapolis, Indiana) |
Universidade | Purdue (2007–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por New Jersey Nets |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2011–2012) Fort Wayne Mad Ants (2012) Canton Charge (2012–2013) Idaho Stampede (2013) Pistoia Basket 2000 (2013–2014) Guangdong Changsha Bank (2014) Beşiktaş (2014–2015) Krasny Oktyabr (2015) Pallacanestro Cantù (2015–2017) Darüşşafaka (2017–2018) Lokomotiv Kuban (2018–2019) Bahçeşehir Koleji (2019–2020) Bayern München (2020–presente) |
JaJuan Markeis Johnson, nado o 8 de febreiro de 1989 en Indianapolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga.
Johnson foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2011 polos New Jersey Nets. Foi traspasado na mesma noite do Draft aos Boston Celtics, xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2014 a cambio de Marshon Brooks.
O 20 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos.[1] Foi cortado polos Rockets o 29 de outubro de 2012.[2]