Denver Nuggets – No. 7 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 16 de abril de 1990 (34 anos) Pordenone, Italia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 94 kg (208 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Palmer (Colorado Springs, Colorado) |
Universidade | Boston College (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 24 Por Oklahoma City Thunder |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Oklahoma City Thunder (2011–2015) → Tulsa 66ers (2012) Detroit Pistons (2015–2020) Los Angeles Clippers (2020–2023) Denver Nuggets (2023–presente) |
Reginald Shon "Reggie" Jackson, nado o 16 de abril de 1990 en Pordenone, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
Jackson foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Oklahoma City Thunder.[1] Na súa primeira tempada na NBA, tan só xogou 11.1 minutos por partido en 45 encontros, sendo o terceiro base por detrás de Russell Westbrook e Eric Maynor. Anotou algo máis de tres puntos por partido, pero as súas porcentaxes foron moi baixas, un 32% en tiros de campo, e un 21% en triplas. Nos playoffs de 2012, onde os Thunder perderon nas Finais da NBA contra os Miami Heat por 4-1, Jackson non participou en ningún dos 20 partidos.
O 19 de febreiro de 2015, Jackson foi traspasado ós Detroit Pistons nun traspaso entre os Thunder, os Pistons e os Utah Jazz.[2]
O 20 de febreiro de 2020, Jackson asinou cos Los Angeles Clippers.[3]