San Antonio Spurs – No. 16 | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 8 de abril de 1995 (29 anos) Ohrid |
Nacionalidade | Turquía / Macedonia do Norte |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 2 / Elección: 31 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Anadolu Efes (2011–2017) → Pertevniyal (2011–2013) Cleveland Cavaliers (2017–2023) → Canton Charge (2017) San Antonio Spurs (2023–presente) |
Cedi Osman, nado o 8 de abril de 1995 en Ohrid, é un xogador turco de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).
O 25 de xuño de 2015, Osman foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Minnesota Timberwolves. Na mesma noite do Draft os seus dereitos foron traspasados xunto os de Rakeem Christmas e unha futura elección do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio dos dereitos de Tyus Jones.[1]
O 18 de xullo de 2017, Osman asinou cos Cleveland Cavaliers.[2]