Washington Wizards – No. 5 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de maio de 1996 (28 anos) Burnsville, Minnesota |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 89 kg (196 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Apple Valley (Apple Valley, Minnesota) |
Universidade | Duke (2014–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 24 Por Cleveland Cavaliers |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Minnesota Timberwolves (2015–2019) → Idaho Stampede (2015–2016) Memphis Grizzlies (2019–2023) Washington Wizards (2023–presente) |
Tyus Robert Jones Sr., nado o 10 de maio de 1996 en Burnsville, Minnesota, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Con 1,88 metros de estatura xoga na posición de base.
O 25 de xuño de 2015, Jones foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 24ª posición do Draft da NBA de 2015 e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Cedi Osman e Rakeem Christmas.[1] O 7 de xullo de 2015, Jones asinou cos Timberwolves.[2] O 10 de novembro de 2015, Jones debutou na NBA contra os Charlotte Hornets.[3]
O 11 de xullo de 2019, Jones asinou un contrato de tres anos cos Memphis Grizzlies.[4] O 6 de xullo de 2022, Jones asinou un novo contrato cos Grizzlies por dous anos.[5]
O 22 de xuño de 2023, os Grizzlies traspasaron a Jones ós Washington Wizards, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Kristaps Porziņģis ós Boston Celtics e a Marcus Smart ós Grizzlies. Os Wizards fixéronse tamén con Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics.[6]