Beşiktaş Icrypex – No. 2 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1995 (29 anos) Chester, Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 96 kg (211 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Chester (Pensilvania) |
Universidade | Arizona (2013–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 23 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | desde 2015 |
Historial de equipos | |
Brooklyn Nets (2015–2019) Toronto Raptors (2019–2020) Portland Trail Blazers (2021) Beşiktaş (2021–presente) |
Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.
Hollis-Jefferson xogou dúas tempadas de baloncesto universitario cos Wildcats da Universidade de Arizona. O 7 de abril de 2015, declarouse elixíbel para o Draft da NBA, renunciando aos seus dous últimos anos universitarios.[1]
O 26 de xuño de 2015, foi seleccionado na posición número 23 do Draft polos Portland Trail Blazers, con todo, os seus dereitos foron traspasados xunto con Steve Blake aos Brooklyn Nets a cambio de Mason Plumlee e os dereitos da selección número 41 do mesmo draft, Pat Connaughton.[2]
O 7 de xullo de 2019, Hollis-Jefferson asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[3]
O 3 de decembro de 2020, Hollis-Jefferson asinou cos Minnesota Timberwolves.[4] Foi cortado polos Timberwolves pouco despois sen chegar a debutar.[5]
O 8 de abril de 2021, Hollis-Jefferson asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers.[6] O 18 de abril de 2021, asinou un segundo contrato de dez días,[7] e dez días máis tarde, asinou cos Trail Blazers para o resto da tempada.[8]
O 28 de setembro de 2021, Hollis-Jefferson asinou co Beşiktaş JK da Basketbol Süper Ligi turca.[9]