Panathinaikos – No. 22 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1992 (31 anos) Silver Spring, Maryland |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | DeMatha (Hyattsville, Maryland) |
Universidade | Notre Dame (2011–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
New York Knicks (2015–2016) Chicago Bulls (2016–2018) → Windy City Bulls (2016) Orlando Magic (2018–2019) Capital City Go-Go (2019–2020) Washington Wizards (2020) Promitheas Patras (2020–2021) Olimpia Milano (2021–2022) Türk Telekom (2022–2023) Panathinaikos (2023–presente) |
Holdyn Jerian Grant, nado o 9 de outubro de 1992 en Silver Spring, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Panathinaikos BC grego.
Grant foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Washington Wizards. Os seus dereitos foron traspasados primeiro ós Atlanta Hawks, e despois ós New York Knicks a cambio de Tim Hardaway, Jr..[1]
O 22 de xuño de 2016, Grant foi traspasado xunto a José Calderón e Robin Lopez ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.[2]
O 7 de xullo de 2018, Grant foi traspasado ós Orlando Magic nun traspaso entre tres equipos.[3] O 30 de xuño de 2019, os Magic non ofreceron a renovación a Grant, e o xogador converteuse en axente libre.
O 1 de xullo de 2020, Grant asinou cos Washington Wizards.[4]
...the Orlando Magic acquired point guard Jerian Grant and reserve center Timofey Mozgov on Saturday night.