New Orleans Pelicans – No. 22 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1993 (31 anos) Akron, Ohio |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Revere (Richfield, Ohio) |
Universidade | Wyoming (2011–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | 2015–presente |
Historial de equipos | |
Los Angeles Lakers (2015–2018) Cleveland Cavaliers (2018–2021) Portland Trail Blazers (2021–2022) New Orleans Pelicans (2022–presente) |
Larry Donnell Nance Jr., nado en Akron, Ohio, o 1 de xaneiro de 1993, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).
O 25 de xuño de 2015, Nance foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Los Angeles Lakers.[1] O 10 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2] Fixo o seu debut na NBA o 6 de novembro de 2015 na vitoria dos Lakers por 104–98 contra os Brooklyn Nets, facendo seis puntos e cinco rebotes.[3]
O 8 de febreiro de 2018, Nance foi traspasado xunto a Jordan Clarkson ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Channing Frye, Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018.[4] O 15 de outubro de 2018, asinou unha extensión de contrato cos Cavaliers por catro anos e 44.8 millóns de dólares.[5]
O 28 de agosto de 2021, Nance foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls.[6]
O 8 de febreiro de 2022, Nance foi traspasado xunto a CJ McCollum e Tony Snell ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.[7]