Maccabi Tel Aviv – No. 13 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1993 (31 anos) Bethlehem, Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Escolta / Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Liberty (Bethlehem, Pennsylvania) |
Universidade | Villanova (2011–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 2 / Elección: 38 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Detroit Pistons (2015–2017) |
Darrun Hilliard II, nado o 13 de abril de 1993 en Bethlehem, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl israelí.
O 25 de xuño de 2015, Hilliard foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons.[1] Tras facer 9.3 puntos por encontro na Liga de Verán de Orlando, o 20 de xullo de 2015 asinou un contrato de tres anos cos Pistons.[2]
O 11 de setembro de 2017, Hilliard asinou cos San Antonio Spurs.[3]
O 13 de agosto de 2018, Hilliard asinou un contrato dun ano co Saski Baskonia da Liga ACB.[4]
O 3 de xullo de 2019, Hilliard asinou un contrato dun ano co PBC CSKA Moscova da VTB United League.[5]
O 16 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Hilliard por unha tempada polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[6]