Pat Connaughton
Milwaukee Bucks – No. 24
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 6 de xaneiro de 1993 (31 anos)
Massachusetts Arlington, Massachusetts
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Información da carreira
Instituto St. John's Prep
(Danvers, Massachusetts)
Universidade Notre Dame (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Brooklyn Nets
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2015–2018)
Milwaukee Bucks (2018–presente)
Premios e galardóns

Patrick Bergin Connaughton, nado o 6 de xaneiro de 1993 en Arlington, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

Connaughton foi escollido na 41ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados xunto a Mason Plumlee ós Portland Trail Blazers, a cambio de Steve Blake e a 23ª elección dese Draft, Rondae Hollis-Jefferson.[1] O 9 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.[2]

O 1 de agosto de 2018, Connaughton asinou cos Milwaukee Bucks.[3] O 20 de xullo de 2021, Connaughton gañou o seu primeiro campionato da NBA, despois de que os Bucks derrotasen por 4-2 ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021.[4]

Notas

  1. "Trail Blazers Acquire Mason Plumlee, Draft Rights to Pat Connaughton from Brooklyn". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  2. "Trail Blazers Sign Pat Connaughton". NBA.com. 8 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  3. "Milwaukee Bucks Sign Pat Connaughton". NBA.com. 1 de agosto de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  4. https://www.espn.com/nba/player/gamelog/_/id/2578239/pat-connaughton

Véxase tamén

Ligazóns externas